ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O francés Juan Lestache sacou a fame da comarca de Ferrol a finais do século XVIII. A súa real fábrica de fariñas supuxo unha gran revolución pola capacidade de almacenamento de cereal e de fariña. Utilizou pedras de pedernal traído de Francia, máis eficaces, e importaba gran con barcos propios desde Filadelfia ou desde o mar Báltico. O seu pan alimentou aos traballadores dos estaleiros.

En 1797 Ferrol xa contaba con máis de 40.000 habitantes, era a cidade máis poboada de Galicia. O trigo do país xa non podía suplir as inxentes necesidades creadas pola proliferación da nova poboación. A Casa de Lestache era a despensa, almacenista de gran e principal abastecedor de toda a comarca, segundo o historiador André Pena Graña.
Ferrol situábase nun lugar central no eixo do tráfico marítimo transatlántico de Occidente e contaba cun dos portos máis seguros do mundo. Nese contexto, a fábrica de Lestache da Ponte de Xuvia tiña unha capacidade molturadora anual descoñecida en Galicia ata entón de “setenta mil fanegas de trigo”. Para alboiar esas extraordinarias sumas de gran, e grandes cantidades de fariña e farelo, o francés construíra en dependencias anexas ao muíño enormes silos e depósitos. En barcos propios importaba cereal do Báltico, de Inglaterra e Norteamérica.
Lestache, natural de Vianne en Francia, chegou a Ferrol en 1767 cun cargamento de trigo. En 1775 comezou a construir o complexo industrial da Ponte de Xuvia, con muíños, fábrica de papel e de curtidos. Todo iso explícase no Centro de Interpretación dos Muíños industriais de Xuvia, a real fábrica de fariñas de Lestache, un proxecto de recuperación patrimonial impulsado polo Concello de Narón coa colaboración da Deputación da Coruña.
Publica o teu comentario agora