ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Segunda Futgal. Neda 1-3 Barallobre. O Barallobre puido sacar tallada da súa visita a Neda. O equipo do Ramo rascou pouco ata o descanso. “Era un dos partidos máis complicados porque eles viñan dunha dinámica moi positiva” apunta o técnico do Barallobre Borja Mesa: “Fixémolo ben, aínda que a iniciativa do xogo tívoa o Neda na primeira metade”.

Ao descanso chegouse cun empate a un, pero na segunda metade o Neda non tivo ocasións claras a pesar de ter o control do xogo. Con balón longo, Pablo Ferro fai un centro a Ponte, e cólase na portería. Marcou Pablo Peña o terceiro no 67.
Onte o Narahio perdeu co Monfero, e o Barallobre xa está na terceira posición, con 36 puntos, a 4 do segundo, o San Sadurniño.
Imaxe Arquivo Radio Fene
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora