ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
No CMI Unidade de Fene preséntase o sábado "(de) construçom", o poemario de Susana Sánchez Aríns. Con este acto, comezan as xornadas culturais que se celebrarán nesta sociedade ao redor da festa das Letras Galegas.
Logo de varios meses de espera trala consecución do premio, a gañadora do “XXI Certame Nacional de Poesía Xose María Pérez Paralle” agarda impaciente a publicación de “(de) construçom”. En declaracións a Radiofusión, Susana Sánchez Aríns asegurou esta mañá que o premio convocado polo CMI de Fene supuxo para ela “máis recoñecemento do previsto”, incluído un maior seguemento do seu blog “dedoscomovermes”.
“(de) construçom” fala da construcción dunha casa, partindo do feito real da rehabilitación dunha vivenda adquirida pola autora. Segundo Susana Sánchez Aríns, o feito de que o libro estea escrito en galego reintegracionista é un síntoma de “normalidade” e “aceptación” de cara ás persoas que optan por esta escolla e non pola norma oficial do idioma.
“(de) construçom” preséntase o sábado no CMI Unidade de Fene. O acto comezará ás oito do serán e incluirá unha actuación do grupo Berros do Castro. Tras desta cita, o Casino de Fene reserva para o 17 de maio os actos centrais das súas Xornadas Culturais que comezarán ás doce do mediodía cunha misa cantada en galego, na parroquia do Divino Salvador. Xa pola tarde, nas instalacións da sociedade, se celebrará unha conferencia a cargo do escritor e xornalista Ramón Loureiro. E, ao remate, música coa cantautora eumesa Pilar Barro, acompañada á guitarra por Javier Amado, e coa Rondalla Estrelecer do CMI Unidade de Fene.