Saiáns recupera a súa memoria a través do patrimonio toponímico

Saiáns recupera a súa memoria a través do patrimonio toponímico

14 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Gonzalo Navaza recolleu no libro O nome dos lugares o patrimonio toponímico da parroquia viguesa de Saiáns. A publicación, editada ao abeiro do convenio asinado pola Universidade de Vigo co Instituto de Estudos Miñoranos, trátase do primeiro número dunha serie que pretende recuperar e poñer en valor esta riqueza inmaterial. A obra vai acompañada dun CD que inclúe un mapa da parroquia cos topónimos incorpor

O libro, que conta coa colaboración da Comunidade de Montes de Saiáns, analiza a información sobre nomes de lugar froito do traballo de campo do arqueólogo do IEM, Roberto Rodríguez, quen chegou a recoller arredor de 600 topónimos en menos dun quilómetro cadrado. Esa riqueza débese a tres factores fundamentais: a orografía irregular, a dispersión da poboación e a fragmentación da propiedade.

Na presentación de O nome dos lugares, Gonzalo Navaza remarcou a necesidade de concienciar á cidadanía para conservación deste patrimonio, fronte á toponimia onomástica e honorífica, que elimina os nomes tradicionais, ás veces con máis de 1000 ou incluso 2000 anos de historia, para seren substituídos por nomes propios de persoeiros. Estas prácticas favorecen, entende o investigador, a desaparición do patrimonio inmaterial e danse especialmente nos arredores de cidades que crecen e impoñen nomes nun territorio “como se este fose amnésico e non tivese historia previa”.

Sociedade