ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A sala de festas macrodiscoteca La Concha do Val en Narón vivirá dun xeito especial a noite do 31 de decembro, a festa do fin de ano. Será tamén o fin da súa actividade, dado que os seus actuais propietarios fechan a sala por xubilación. Ata daquela ainda servirán 4 ou 5 ceas baile, polo que os que desexen despedirse da súa popular pista de baile poderán ainda botar alí ás últimas pezas.
La Concha abreu a comezos da década dos 60 como pista de verán. A orquestra Os Tamara con Pucho Boedo puxeran a música na primeira velada. Logo construiuse a actual sala de festas e por alí pasaron nos anos 70 as primeiras figuras da música do momento. Massiel, Al Bano, Los Diablos, Peret, Nino Bravo e Juan Pardo pasaron polo palco da Concha e actuaron na súa pista de baile de 1000 metros cadrados. Lolita tivo a súa primeira actuación en La Concha en abril de 1976.
Tamén se achegou ao Val no seu momento de máximo apoxeo, Kiko Ledgar que fora presentador do concurso "Un, dos, tres, responda otra vez". Ademais do baile, na súa primeira planta conta cun comedor para 400 persoas. De feito, nos últimos anos os seus propietarios enfocaron o negocio cara banquetes, ceas baile e reunións de empresa, deixando de funcionar como macrodiscoteca. A música de La Concha deixará de soar o 31 de decembro do 2009.