Saltando os problemas

Saltando os problemas
06 de Maio, 2021 - 11:49 h. | Publicada por Radio Fene

Foi mestra en Pontedeume. Hai doce anos que lle diagnosticaron un cancro de ovarios. No confinamento escribiu un libro denominado “La fuerza para vencer el cáncer” publicado na editorial Espino Albar. Está a pasar por unhas novas sesións de quimioterapia, pero case todos os dias, cando pode.  acude a bañarse cunhas amigas á praia da Magdalena.

ESCOITA O PODCAST:
Asociación Por máis vida. Fene

Rosa Pousa indica que ao recibir o diagnóstico do cancro tes que pasar o momento duro do pataleo. O importante é aceptar a enfermidade, para poder loitar contra ela.  Realiza toda unha serie de actividades complementarias. Tivo que deixar o seu traballo de mestra. Se fas cousas, vaste involucrando, sénteste  útil. Intenta non ser vítima, senón converterse nunha parte activa na loita contra o cancro. Rosa Pousa precisa que a oncoloxía é o prioritario,  o que cura. Hai 12 anos que lle diagnosticaron o cancro de ovarios. Ela segue loitando co apoio do seu marido e dos seus fillos. As amizades e os familiares poden facer moito.
Esta mañá Rosa quedou na cama repoñéndose da sesión de quimioterapia de onte. Non puido acudir a bañarse á praia da Magdalena. Pero conta con volver a os baños diarios de primeira hora da mañá este sábado ou domingo. Quere saltar e superar os problemas. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora