Saltanocribo inauguran esta noite o I Festival Folk de Vigo

Saltanocribo inauguran esta noite o I Festival Folk de Vigo

03 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O primeiro Festival Folk de Vigo xa está en marcha. O proxecto nace da revista Sons da Galiza co obxectivo de apostar pola consecución dun festival permanente de música tradicional na cidade olívica. Segundo comentou en Radiofusión o organizador da cita, Óscar Martínez, tamén procura servir de escaparate aos grupos noveis e de tradici

A primeira edición do evento celebrarase ao longo dos venres e sábados deste mes de setembro no Bar Hipólito e no Bar Batallón, locais que sempre foron de tradición musical. Hoxe Saltanocribo será o protagonista no Bar Hipólito, onde mañá actuará Matamá Ensemble. Tamén mañá, pero no Bar Batallón será a quenda de Saldos Negativos.

O resto do cartel confórmano Kerkennai, Contracochenos, Noite de O Fiadeiro, A Quenlla, Davide Salvado, Noite de O Fiadeiro, Contradança e Ghaita de Pedra.

Cultura