Saluten pluriman!

Saluten pluriman!
15 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Poñemos o peche ao último lance deste “Matar as horas de nostalxia. Podcastelao”, iniciativa en homenaxe a Castelao e á súa obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse". Farémolo onde rematan moita historias, no cemiterio.

ESCOITA O PODCAST:

Estamos nos meus dominios de novo, queridos oíntes. No ceo da noite reluce unha gran lúa chea. Os esqueletos de Don Ramón e o Boticario latrican sentados no valado de cemiterio. De seguida aparece tamén o esqueleto do señor Fuco, que vén coxeando e saúda enfadado...

Unha iniciativa de Emisoras Municipais Galegas coa axuda da Deputación da Coruña. O grupo Merlín e Familia, que pon as voces aos personaxes deste podcast, está composto polos seguintes actores e actrices por orde de aparición: Roguelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscoefusco, Ángel Simón e Manolo Bacallau. 

O imprescindible equipo técnico o forman Lorena Teijeiro, Luís Caldeilla e Xabier Fernandez. 

Fotografía: Lorena Teijeiro

Cultura

Publica o teu comentario agora