Salvamento Marítimo rescata a unha muller en augas de Cariño

Salvamento Marítimo rescata a unha muller en augas de Cariño

23 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Salvamento Marítimo de Finisterra coordinou onte pola tarde o rescate dos dous tripulantes dunha pequena embarcación de recreo que embarrancóu na praia de Fornos en Cariño. O corpo do home foi localizado nas proximidades da zona do naufraxio e foi trasladado de inmediato polo helicóptero Pesca II ao Hospital de Burela onde se certificou o seu falecemento. A outra tripulante, unha muller, foi rescatada con vida e trasladada ao porto de Cariño pola Salvamar Shau

O CCS Finisterre tivo constancia da emerxencia ás 18.23 da tarde do domingo a través do 112 que recibira a alerta dun particular. De inmediato mobilizáronse a embarcación de intervención rápida Salvamar Shaula e o helicóptero Pesca II da Xunta de Galicia. Tamén colaboraron na emerxencia Protección Civil de Espasante e un kaiak que se atopaba nas proximidades do lugar do naufraxio.

Sociedade