ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene e ADIF impulsan a construción dunha nova pasarela peonil sobre a vía ferroviaria en Perlío. Avánzase no cumprimento dunha “demanda histórica”, destaca a alcaldesa, Sandra Permui.

“As infraestruturas ferroviarias non poden actuar como barreiras, e esta pasarela contribuirá a unir dúas zonas entre as que existe un importante tránsito de persoas”, di Sandra Permui. Informou de que o convenio para mellorar a seguridade e o paso dos peóns entre as dúas zonas de Perlío que atravesa a vía do tren xa foi asinado polo Concello de Fene e Adif, logo de que o aprobara por unanimidade o pleno municipal a semana pasada. Destacou que é un “exemplo de colaboración institucional para resolver problemas concretos da cidadanía e mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
O investimento previsto ascende a 700.000 euros e será financiado ao 50% entre ambas administracións segundo explicou a alcaldesa. O financiamento distribuirase en varias anualidades entre os anos 2026 e 2029. Este ano cada unha das administracións achegará 5.000 euros, que xa figuran no Orzamento do Concello. A actuación executarase no punto quilométrico 33/910 da liña ferroviaria 804 Betanzos-Ferrol e permitirá mellorar a permeabilidade da infraestrutura ferroviaria e incrementar a seguridade cidadá, eliminando un paso indebido actualmente empregado pola veciñanza. ADIF asumirá as funcións de órgano de contratación e a dirección facultativa das obras, así como o desmantelamento das instalacións provisionais unha vez finalizada a actuación e a execución do valado necesario para impedir o acceso indebido á plataforma ferroviaria.
Publica o teu comentario agora