Salvar vidas

Salvar vidas
07 de Xuño, 2023 - 06:25 h. | Publicada por Radio Fene

Celebración do Día do Doante en Ferrolterra. Alcer homenaxea ás persoas doadoras e ás súas familias. Coa participación de profesionais sanitarios realizaron fotografías no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e no Juan Cardona. Ademais no Padroado da Cultura de Narón instalaron unha mesa informativa. Sensibilizar á opinión pública é necesario hoxe e todos os días do ano.

ESCOITA O PODCAST:

“A doazón xa non é un tema tabú”, indicou a Radio Fene o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez. O nivel de doazóns en Galicia é cada vez maior. Oito de cada dez familias de persoas falecidas din que si. Tamén é máis frecuente que a persoa deixe manifestada a súa vontade de doar. “Medra a cifra de persoas dispostas a doar, pero á primeira dificultade é atopar quen poida facelo”. So unha de cada cen persoas que morren no hospital poden ser doadores de órganos, explicou. Na Área Sanitaria de Ferrol realízanse unha media de dúas doazóns ó ano, e días como o de hoxe, serven para dar as grazas aos doadores e recordar a importancia de doar órganos. Nesta Área, a media de doazóns está en dúas anuais, pero con esas dúas doazóns pódense salvar ou mellorar entre 16 e 20 vidas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora