Salvaxe poesía

Salvaxe poesía
15 de Abril, 2021 - 01:54 h. | Publicada por Radio Fene

O poeta e cantautor Luís Pastor abrirá a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol o mércores 21 de abril. As entradas repartiranse desde este venres na billeteira do teatro. Presentará Eugenia Sanmartín.

ESCOITA O PODCAST:

Chega unha nova edición da Semana Salvaxe é cidade de Ferrol o mércores 21 de abril. Catro días cheos de poesía entre o 20 e 24 deste mes que terá a Luís Pastor na apertura o mércores 21 ás 20.00h no teatro Xofre. As entradas para ese concerto empezarán a repartirse na billeteira do teatro desde o próximo venres. Un dos organizadores desta cita, o profesor e poeta Guillermo Ferrández, advírtenos que nesta edición e por culpa da pandemia, a poesía soará máis nos teatros que nas rúas. Algúns dos poetas convidados xa estiveron na primeira edición de hai 14 anos. Repite Quico Cadaval que con Estevo Creus son algúns dos que acudirán a Ferrol.

Guillermo Ferrández non sabe decirnos se haberá Semana da Poesía Salvaxe o ano que ven. “Catorce anos é moito tempo, quizás xa estaría ben acabar aí”. A poesía en tempos de pandemia sirve para non caer no desánimo. “A sociedade está en tales circunstancias que a poesía pode aportar algo de optimismo” engade Ferrández. O teatro Xofre, a capela do C.C. Torrente Ballester e o Ateneo serán os escenarios poético-salvaxes deste ano.

Cultura

Publica o teu comentario agora