Salvaxes

A XII Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol arrinca esta tarde no Cantón
24 de Abril, 2019 - 01:01 h. | Publicada por Radio Fene

Na XII Semana de Poesía Salvaxe estarán o 25 de Avril, as poetas Sandra Santos - Portugal- e Raquel Lima, a partir das 18 h no Ateneo Ferrolán.

poesia

A Semana da Poesía Salvaxe arranca ás seis desta tarde no Cantón de Molíns de Ferrol. Faino cunha proclama poético- política na que participan; Guillermo Ferrández, Karlotti, Victor M. Díez, Antón Cortizas e Quico Cadaval. Rematará cun recital de poetas locais. Ás 19,30 celebrase outro recital na biblioteca municipal. A Semana da poesía Salvaxe continuará imparable ata o sabado 27.

O xoves 25, ás 20,30h no Auditorio municipal, Nuno Judice e Manuel Rivas, duas voces traduzindo o silenzo do mundo, con Eugenia Sanmartín hilvanando o eco. E a voz encarnada de Manolo Bacalhau, acompañado polo guitarrista Cabe García.

Do xoves 25 de abril ata o 9 de maio, o Ateneo ferrolán acolle unha exposición retratos denominada "Poetas" de Juan Manuel Álvarez Romero (Mané). O artista andaluz afincado en Galicia expón no Ateneo Ferrolán unha serie de obras intimas inspiradas na “Semana da Poesía Salvaxe”. Retrata cun concepto post-minimalista a un grupo de amigos e poetas da cidade e outros procedentes de toda a xeografía do país.

Cultura

Publica o teu comentario agora