ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Van xa máis de sete anos dende que o Concello de Ferrol aprobara nun pleno municipal as obras de rehabilitación dun dos espazos culturais máis emblemáticos da cidade, o Ateneo Ferrolán. A día de hoxe, no edificio no só non se moveu unha pedra, senón que as deficiencias son cada vez maiores. O inmoble, no que chove por dentro tanto como fora, estáse deteriorando cada vez máis ameazando o patrimonio cultural que alí se garda.
A directiva do Ateneo Ferrolán que preside Eliseo Zaera fai un chamamento ás autoridades para demandar que se axilice o proceso de licitación das obras de rehabilitación previstas para o edificio. A reparación céntrase fundamentalmente no arranxo da cuberta do edificio que se atopa completamente deteriorada.
As pingueiras padécense sobre todo no último andar, xusto onde se atopa a biblioteca da entidade e onde se conserva un valioso arquivo bibliográfico e hemerográfico. Por mor das choivas dos últimos días o chan da biblioteca cedeu e fixo tumbar máis dunha estantería, as humidades son “terribles” e os estragos no material incontables. Os directivos do Ateneo, colectivo fundado no ano 1879, piden ós responsables municipais a execución urxente das obras de restauración antes de ter que lamentar perdas irreparables.