ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un roteiro para lembrar aos defuntos. Andaina do Samaín nesta tarde organizada pola Asociación Veciñal de Limodre. Os detalles na conversa que mantivemos en Radio Fene con Manolo López.

Medio cento de persoas están citadas ás catro e media da tarde no cemiterio parroquial de Limodre de onde sairá a Andaina do Samaín. Con prazas esgotadas, o roteiro duns catro quilómetros con dificultade baixa inclúe sorpresas. Haberá contos e aparecerán personaxes, de ficción ou que formaron parte da crónica negra deste país, segundo avanzou Manolo López. Ao acabar, para repoñer forzas, serviranse petiscos na cantina da escola de Limodre.
Publica o teu comentario agora