Sambita, a boneca negra

Sambita, a boneca negra
10 de Febreiro, 2022 - 10:12 h. | Publicada por Radio Allariz

España concedeu a independencia a Fernando Poo e Río Muni. O 12 de outubro de 1968 naceu Guinea Ecuatorial. Francisco Macías Nguema aprobou unha Constitución redactada co asesoramento do Ministerio de Asuntos Exteriores español. Quedou en Santa Isabel unha dotación da Garda Civil composta por 240 números. Pero as boas relacións iniciais, axiña se torceron. En 1969 a Benemérita abandonou o pais africano e tamén tiveron que deixar a zona os españois que aínda permanecían alí. 

ESCOITA O PODCAST:

José Antonio Pérez (actual alcalde de Quintela de Leirado) fala da súa estadía en Guinea Ecuatorial

http://173.255.131.18/audio/090222PEREZ.mp3

Fotografía Xan Xe

Jose Antonio Pérez, de Quintela de Leirado, en Ourense, estivo en Guinea Ecuatorial de 1965 a 1969. Fora para facer o servizo militar pero quedou alí igual que centos de galegos procedentes desa zona. Agora o Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial explica as circunstancias que levaron a centos de persoas deste Concello da comarca de Celanova a desprazarse ao país africano ao longo de boa parte do século XX.

De Ferrolterra calcúlase que a mediados da década dos sesenta procedían unhas 2000 persoas do total de 8000 peninsulares que residian en Guinea. Ao retornar traían a Europa teas pintadas con raros paxaros de mil cores, colares de marfil, a boneca Sambita -negra como o betume- e figuriñas de elefantes de ébano. 

Cultura

Publica o teu comentario agora