San Ros: descontos entre o 10% e o 50%

San Ros: descontos entre o 10% e o 50%
26 de Agosto, 2020 - 01:24 h. | Publicada por Radio Fene

O comercio de Fene segue sumándose ao Outlet. Son 17 os comercios que participarán esta fin de semana con grandes descontos nos seus produtos.

ESCOITA O PODCAST:
Marcos Sánchez no mostrador de San Ros

Zapatería San Ros atópase no número 45 da Avenida Naturais de Fene. Dende 2018 atópase ao fronte do negocio Marcos Sánchez Seoane quen comenta que durante o Outlet terán descontos de entre o 10 e o 50% en calzado desta tempada.

Na zapatería reparan calzado pero tamén se adican á venda de zapato novo. "Hai que darlle a todo un pouquiño" comenta Sánchez. Dende que se puxo á fronte do negocio fai un balance positivo, sobre todo grazas á clientela que teñen.

Sociedade

Publica o teu comentario agora