San Valentín quédase este ano sen Xuntanza de Palilleiras

San Valentín quédase este ano sen Xuntanza de Palilleiras

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O CPS de San Valentín renuncia este ano a organizar a Xuntanza de Palilleiras despois de 15 exitosas reunións celebradas cada ano no mes de abril. Así llelo fixeron saber ao Concello. O motivo da decisión, adoptada en asamblea polos socios-as, é a débeda contraída polo concello coa entidade, que fai imposible dispor de diñeiro para afrontar unha nova convocatoria. Segundo a directiva do CPS, neste momento a débeda ascende a 6.500 € . 4000 e

O presuposto do evento ronda os 7.000 euros na actualidade. A Xuntanza de Palilleiras de Ferrolterra foi pioneira na zona, reunindo no polideportivo de San Valentín a máis de 700 mulleres chegadas de toda Galicia e doutras partes da península. Tamén compartia o encaixe de bolillos algún home, nas amplas mesas que enchían a cancha da Xunqueira. Celebrábase sempre nunha xornada de sábado ao longo da que pasaban polo pavillón máis de 15.000 persoas, segundo os cálculos da Policia Municipal.  

Sociedade