ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Hai festa en San Valentín. Non se trata dos festexos patronais nen da música rock que tamén chegará esta noite a esta parróquia de Fene da man do Fene rock. Falamos da ledicia que invade a boa parte dos veciños e veciñas do barrio pola posta en funcionamento dos ascensores.
Os elevadores dos bloques 15 e 16 comezaron a funcionar no dia de onte. Nos primeiros dias da vindeira semana principiarán a traballar os restantes, segundo comunicou a Radiofusión o voceiro da Comisión Cidadán Jaime Iglesias. A posta en marcha dos ascensores recíbese con alegría despois dos intentos de Unión Fenosa de cobrar tarifas abusivas para a posta en marcha da instalación. Finalmente os ascensores funcionan, sen os desembolsos que nun principio demandaba a compañía eléctrica.