San Valentín tatuado no peito

San Valentín tatuado no peito
20 de Maio, 2022 - 01:04 h. | Publicada por Radio Fene

Que Xabier Díaz é un dos grandes músicos do panorama actual en Galicia é indiscutible, pero á súa impecable traxectoria xunto Adufeiras de Salitre únese agora un novo traballo en solitario, “Levantarse e Caer”, un disco no que o artista reflexiona sobre a necesidade de cambiar o paradigma do éxito e a construción dunha sociedade individual e  colectivamente máis xusta e solidaria.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Marcos Mariño
http://173.255.131.18/audio/200522DIAZ.mp3

Fotografía Marcos Budiño

O proxecto discográfico, recolle 10 temas que navegan entre o son tradicional galego, a música melódica e os arrolos. O primeiro single do disco, “Levantarse e Caer”, vía a luz o pasado mes de marzo e pasaba inmediatamente a coarse entre os temas en galego máis escoitados en todas as plataformas. Tras el chegaba “María e a  Curuxa”, un arrolo de patrón suave e doce, que permitía atisbar un pouco máis o particular universo de Díaz.

Cultura

Publica o teu comentario agora