San Xurxo de Magalofes-Fene- a primeira verbena

San Xurxo de Magalofes-Fene- a primeira verbena

13 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Queda unha semana para que se inice na comarca o calendario festivo que non parará ata as Peras de Pontedeume en Setembro. A parroquia fenesa de Magalofes celebra as Festas patronais de San Xurxo na fin de semana do 23 ao 25 de abril .

Un festival para a mocedade comparte palco coas tradicionais verbenas amenizadas nesta ocasión polas orquestras Bellas Farto e a da TV de Galicia. O venres 23 de abril na "Festa xove" suben ao escenario de Magalofes o grupo “Abasto”, tocando cancións pop-rock dos 70, 80 e 90 e o grupo “M&SBand”, tocando soul dos 50-60.  

Na mañán do sabado 24 o grupo tradicional Os Chispas porán o ambiente festivo á parroquia antes da misa de 1. As pezas do mediodía correrán a cargo da orquestra Bellas Farto. Esta agrupación e máis a da TV de Galicia amenizan a verbena. O domingo ás 1 celébrase a misa solemne en honor ao patrono, cantada pola Coral de Franza. A sesión vermout dominical correrá a cargo da Bellas Farto.  

A propia AVV de Magalofes é a organizadora das festas patronais para as que recadou fondos ao longo de todo o inverno.

Sociedade