ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O BNG de Fene ratifica por aclamación a Sandra Permui como candidata á alcaldía nas municipais de 2027. A asemblea nacionalista destaca a súa capacidade de liderado, e reafirma a vontade de continuar transformando o concello cun proxecto sólido e de futuro.

Sandra Permui, a actual alcaldesa, primeira muller á fronte do Concello de Fene, simboliza a renovación xeracional dun proxecto que vén consolidándose no tempo, e onde o compromiso coa veciñanza e unha traxectoria ligada á realidade social e industrial do municipio son eixos do traballo do día a día, din na formación nacionalista. Sinalan que a elección Permui como candidata á alcaldía nas próximas eleccións municipais é unha decisión que reforza a continuidade dun proxecto político centrado na transformación do concello, a mellora dos servizos públicos e a proximidade coa veciñanza.
Desde a organización nacionalista salientan a “ilusión e responsabilidade” coa que afrontan esta nova etapa, apostando por consolidar o traballo desenvolvido nos últimos anos e seguir avanzando nun modelo de concello participativo e cohesionado socialmente, pegadas indispensábeis dun goberno BNG.
O BNG pon en valor a traxectoria de Sandra Permui, actual alcaldesa de Fene e primeira muller en ocupar este cargo, destacando a súa experiencia en diferentes áreas de goberno, a súa capacidade de xestión e o seu coñecemento profundo da realidade local. Subliñan ademais o seu compromiso coa igualdade como eixo transversal da acción municipal, impulsando políticas que avanzan cara un concello máis xusto e inclusivo.
Publica o teu comentario agora