Sanidade agora autoriza a vacina da meninxite B

Sanidade agora autoriza a vacina da meninxite B

29 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o Ministerio de Sanidade decidiu autorizar a venda da vacina da meninxite B en todas as farmacias españolas, a cal poderá estar lista no prazo "duns meses", arredor de dous ou tres. Tras a reunión do Consello da pasada semana, Feijóo xa dixera que Galicia estudaría facilitar esta vacina se o ministerio mantiña a prohibición da venda nos despachos de farmacia.

Feijóo revelou que o luns o ministro Alfonso Alonso lle confirmou a decisión de autorizar a vacina o pasado mércores. Sobre se se incorporará ao calendario de vacinas, Feijóo recordou que esta decisión tomarase no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Sociedade