A sanidade vai á folga

A sanidade vai á folga

09 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Arredor de 8 de cada 10 traballadores do SERGAS, secundaron a convocatoria de folga en defensa da sanidade pública, convocada polas organizacións sindicais CIG, CC.OO., CESM e O'Mega. As centrais critican os recortes e opóñense ás áreas de xestión clínica.

É maioritaria a resposta do persoal sanitario á convocatoria de folga, a pesar de que a Administración dá unhas cifras ridículas", apuntan desde CESM. "A Xunta de Galicia non conta como seguimento da folga nin ás persoas que saen de garda nin ás persoas que están a facer servizos mínimos, sobre todo a estas últimas". critican.

Os sindicatos convocantes ---- cifran o seguimento por riba do 80%. Se gundo os dados da administración, somentes un % do persoal sanitario sumouse á folga. Por áreas sanitarias, o seguimento é moi dispar. En Ferrol chégase ao 37 por cento, e en Vigo supérase o 30 %. O Sergas sitúa o menor seguimento en Santiago cun 12 %. O cumprimento dos servizos mínimos está a respectarse ao cento por cento, a pesar de que os sindicatos consideraban que se trata duns mínimos abusivos, dun 38 %.

Mañá martes continua o paro e os convocantes chaman a participar nas 13 marchas convocadas en cidades e vilas.

Sociedade