ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Inaugurouse no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) a exposición que conmemora os 75 anos do Exército do Aire. Trátase dunha mostra itinerante organizada polo Servizo Histórico e Cultural do Exército do Aire. En Santiago permanecerá ata o día 16 deste mes. Ao acto de inauguración asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, quen salientou que esta exposición axuda a dar visibili
A mostra componse dunha serie de paneis a gran tamaño con fotografías e texto que destacan os principais feitos históricos do Exército do Aire. Reúne ademais maquetas, uniformes, carteis e obxectos diversos pertencentes aos fondos do Museo de Aeronáutica e Astronáutica.
As grandes anécdotas do Exército do Aire
Esta tarde, ás 19:00 horas, o xeneral xefe do Servizo Histórico e Cultural do Exército do Aire, José Javier Muñoz Castresana, ofrecerá unha conferencia no Museo das Peregrinacións. Abordará as principais anécdotas da historia da aviación española e como se conserva esta historia.
O xeneral Castresana é piloto de combate e ten voado en numerosos tipos de avións, nalgúns dos cales mesmo ten sido instrutor de voo. Como representante español en grupos de traballo da OTAN, estivo destinado durante varios anos no Cuartel Xeral da Alianza, en Bruxelas, onde tivo a ocasión de defender os intereses españois e aliados en diferentes países. Tamén foi subdirector xeral de Política de Defensa no Ministerio de Defensa. Na actualidade é o responsable da protección, conservación e divulgación do patrimonio histórico e cultural do Exército do Aire.
Fotografías aéreas antigas de Santiago de Compostela
O xeneral Castresana destaca “el importante valor histórico de conservar lo que hemos recibido de otras generaciones. La historia aeronáutica es muy rica y todos los países la conservan. A pesar de ser el ejército más joven de España, su evolución ha sido rapidísima, los aviones y helicópteros que se utilizan en la actualidad son máquinas muy avanzadas, hace 25 o 30 años no se podía pensar que harían lo que hoy hacen”.
No transcurso da conferencia, o xeneral mostrará fotografías aéreas históricas da cidade de Santiago de Compostela. Trátase en particular de fotos sacadas no aeroporto de Lavacolla nos anos 30 e vistas da cidade dos anos 50 e 60.
A mostra poderá visitarse de martes a sábado, polas mañás de 10.00 a 14.00 horas e polas tardes de 17.00 a 21.00 horas. Os domingos o Museo das Peregrinacións abre de 11.00 a 14.00 horas e os luns permanece pechado.