Santiago Montero, o pensador inadaptado

Santiago Montero, o pensador inadaptado

23 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En Mugardos naceu o catedrático Santiago Montero Diaz. O profesor Xosé Manoel Núñez ven de publicar unha biografía sobre este personaxe atípico da escena política española do século XX.  Santiago Montero residiu na súa infancia na casa familiar, Vila Felisa, ubicada no lugar do Galiñeiro en Mugardos.

O libro de Núñez Seixas chámase "La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución". Montero foi estudante na Universidade de Santiago de Compostela e despois bibliotecario en Madrid e Compostela. Con anceios autonomistas, abrazou o credo socialista, para militar no comunismo en 1931-32, protagonizando unha disidencia coa dirección do PCE. O seu enfrontamento co nacionalismo galego levouno en pouco tempo ás JONS de Ledesma Ramos, cuxas esencias revolucionarias seguiu pregoando ao rexeitar a fusión con Falanxe Española.

En 1936 converteuse nun dos catedráticos máis novos da Universidade española. Represaliado polo franquismo, exiliouse en Chile onde colaborou co Movimiento de Izquierda Revolucionaria. Morreu en 1985.

Sociedade