Sara Tavares, para conmover e para bailar

Sara Tavares, para conmover e para bailar

06 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Música para conmover e para bailar agroma no novo traballo de Sara Tavares “Xinti” (Sinteo). Os seus lemas e a súa poesia presentan a viaxe persoal e universal dunha muller sabia. Un album  que combina ritmos angoleños, sons caboverdianos e cantos portugueses.

Sara Tavares nunca soou tan intensa. Unha asombrosa colección de cancións, repleta de sorpresas que amosan como o seu repertorio vocal se volveu progresivamente máis rico e máis expansivo. As súas melodias son líricas, sensuais e íntimas, pero tamén se envolven en irresistibeis ritmos e nun soberbio feeling, extraido da diáspora cultural afrocaboverdiana. Os concertos xa confirmados de Sara Tavares nos vindeiros meses son os seguintes:

18 June  Arena de Évora, Évora - PT
26 June  Bulgaria Hall, Sofia – Bulgaria
4 July     Festival Delta, Lisboa - PT
1 July     STIMMEN-Festival, Lörrach - DE
18 July   Oeiras - PT
6 Aug     Festival Sons do Atlantico, Lagoa - PT
24 Sept   Gewandhaus, Leipzig – DE
25 Sept   Helsingborg - SE
26 Sept   Stockholm - SE
28 Sept   Helsinki - FI

Cultura