A sardiñada en Sada e a primeira xira aos Caneiros en Betanzos

A sardiñada en Sada e a primeira xira aos Caneiros en Betanzos

18 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Milleiros de persoas acudirán esta tarde a duas citas festivas tradicionais do vrán na provincia da Coruña. Arredor de 12.000 comensais espéranse na gran sardiñada de Sada que comezará a repartir o peixe asado a partir das 5 da tarde. Nos Caneiros de Betanzos as lanchas engalanadas comezarán a subir o rio entre as 13 e as 14 horas dado que a pleamar coincidirá coas 15,35 h.

A degustación gratuita de sardiñas asadas con pan de broa e viño comezará ás 17 horas nas inmediacións da praia de Sada. Na zona do Curruncho actuarán ás sete da tarde Pablo Carpintero e as 8 da tarde a orquestra Tumbalobos. A orquestra Os Trovadores poñerá o punto e final ás festas cunha verbena na Praza Irmáns Suárez Picallo.

 

A festa tamén presidirá Os Caneiros en Betanzos, unha romería que se debate nos últimos anos no mantenemento da tradición e na súa conversión no que algúns califican como un macrobotellón campestre. En calquera caso, as lanchas engalanadas e con acopio de comida e bebida para pasar o dia, comenzarán a subir rio arriba entre as 13 e as 14 horas. Percorrerán os 5 quilómetros que separan o centro da vila do campo dos Caneiros para chegar alí arredor das 15,35 horas, coincidindo coa pleamar.  

Sociedade