ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A actual xunta directiva do CPS de San Valentín programa as súas últimas actividades. Organizan unha gran sardiñada para este venres e unha cea baile no Restaurante Cantábrico para o sábado 4 de xullo. O equipo presidido por Pilar Freijomil convocará logo asamblea cunha disxuntiva que empeza a ser habitual nas entidades da comarca. Ou aparece nova directiva, ou comezarán os trámites para a disolución do centro.
Pero antes desa data quedan duas actividades, o venres a sardiñada que comezará no paseo marítimo de SanValentin ás nove e media da noite. O dúo Melao Caribeño animará o baile posterior.Dentro do programa das festas do San Xoan incluense en San Valentin verbenas o sábado e o domingo coa orquestra Madeira Show. Xa o sábado 4 de xullo, o CPS organiza unha cea baile no Restaurante Cantábrico. As inscricións pódense realizar no local social, abonando 26 euros os socios e 28 euros os non socios. A actual directiva do centro reitera que serán as dúas últimas actividades que organizará.