ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Sardiñada de San Pedro este sábado, día 8 de xullo, no local social de Magalofes. Falamos desta cita gastronómica con Manolo Pico, presidente da asociación veciñal San Xurxo, que anima a todas as persoas que lles gusten as sardiñas a achegarse a Magalofes.
“Calquera que se lle acorde a última hora pode achegarse a Magalofes, non hai que anotarse, é a primeira festa gastronómica que facemos despois da pandemia sen anotar a xente”. O sábado ás oito da tarde. Sardiñas asadas, cachelos, pan e viño no menú. De balde para socios e colaboradores. Resto de comensais,10€. A organización encargou sesenta quilos de sardiñas porque nas mesmas datas celébranse moitas festas, como a do polbo de Mugardos. “Os preparativos son doados, as sardiñas péscanas outros e o resto é un traballo levadeiro”, bromea o presidente da asociación veciñal.
Publica o teu comentario agora