Sartego e Fontenova

A actuación dos dous viais feneses requeriu dun investimento total de preto de 135.000 euros
14 de Outubro, 2019 - 01:50 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene conclúe as obras de saneamento e renovación da rede de abastecemento de auga e aglomerado do Camiño do Sartego. A intervención tamén contemplou a pavimentación da rúa Fontenova.



Concluiron as obras de renovación da rede de abastecemento de auga, saneamento –coa instalación dunha rede separativa de pluviais e fecais- e aglomerado no Camiño do Sartego –dende a Avenida Naturais ata o Camiño de Casanova- e a pavimentación da rúa Fontenova– entre o Museo do Humor e ata o propio Camiño do Sartego-.

A actuación requeriu dun investimento total de preto de 135.000 euros e financiouse con cargo a fondos procedentes da Deputación provincial da Coruña e fondos propios.

Ata a intervención, o camiño do Sartego contaba cunha rede unitaria de saneamento –que conducía as augas residuais e pluviais-. Así mesmo, entre setembro e novembro de 2015, a empresa concesionaria do servizo de augas levaba a cabo diversas inspeccións da rede de alcantarillado no treito comprendido entre a Avenida Naturais e o camiño de Casanova, constatando o seu deterioro, que derivaba en filtracións e que se traducían en afundimentos e danos no firme. Realizouse un plan complementario que elevou o orzamento inicial en 48.000 euros, que se sufragaron con fondos propios. Deste xeito, evitaranse novas roturas da rede e, por tanto, novas actuacións no firme, e darase tamén solución aos anegamentos dos garaxes que se viñan sucendendo na zona.

RÚA FONTENOVA

De igual xeito, e tendo en consideración tamén o estado de parte da rúa Fontenova (dende o Museo do Humor ata Camiño do Sartego), a intervención contemplaba a reposición do pavimento existente mediante mistura bituminosa en quente en todo o ancho da calzada, así como a execución dun paso transversal para peóns sobreelevado nas inmediacións do seu extremo leste (saída a AC-115, P.K. 0+160 marxe dereita).

Institucional

Publica o teu comentario agora