Satisfeito co rendemento, descontento co resultado

Satisfeito co rendemento, descontento co resultado
25 de Outubro, 2021 - 11:43 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío é moi bo a balón parado” apunta o técnico do Cultural Maniños Pablo Mesa. “Quedoume mal o corpo porque eles meteron un gol nunha situación que tíñamos moi traballado, pero voume satisfeito co rendemento porque fixemos un gran partido diante dun gran equipo” indica Mesa. O Maniños adiantouse no marcador cun gol de Iago Seijo no minuto 6, pero no 24 xa empatou Isma Grandal, e xa non houbo máis tantos.

ESCOITA O PODCAST:
Pablo Mesa, adestrador do Cultural Maniños

O Cultural Maniños descansará na vindeira xornada da Primeira Galicia de fútbol

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora