Saudade e Sonora nas festas de Perlío

Saudade e Sonora nas festas de Perlío
04 de Agosto, 2023 - 08:15 h. | Publicada por Radio Fene

As festas do Santo Estevo en Perlío trasládanse para o terceiro fin de semana de agosto. A comisión organizadora decidiu atrasar os eventos para evitar a coincidencia cos festexos de Betanzos, Cedeira, Sada e Castro e favorecer a presencia de atraccións. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

A orquestra Saudade e o grupo Matices actuarán na verbena do sábado dezanove. Sonora e Matices tocarán o domingo vinte. O luns dia vinteún celebrarán a festa da rapazada con importantes rebaixas nas atraccións festivas. As pezas do mediodía comezarán as dúas e media da tarde e as verbenas nocturnas as dez e media. Tradicionalmente os festexos patronais de Perlío celebrábanse o segundo fin de semana de agosto. A comisión organizadora calcula que nos últimos festexos acudiron a Perlío máis de sete mil persoas.

 

Na imaxe festas dos Santos de Perlío. 2023. Fotografía Xan Xe
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora