ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O adestrador da selección de Arxentina que mañá competirá polo Mundial visitou Fene. Lionel Scaloni, daquela xogador do Depor estivo en San Valentin o 29 de maio de 2003. Xunto co celtista Velasco visitou o pavillón da Xunqueira e compartiu a xornada coa escola de fútbol sala do Consum Boandanza. Falaron coa rapazada, asinaron autógrafos e fixeronse fotografias. Ademais Scaloni entregou na Xunqueira unha das súas camisolas ao neno do clube que máis rifas vendera. O acto supoñía a antesala do peche da escola de fútbol sala.
Antes de acudir a San Valentín, Scaloni e Velasco xantaron no restaurante Tortoni de Fene co concelleiro de Deportes Xose Anxo González Tomé e cos directivos do Boandanza Tomás Llao, Pedro Rodriguez Quintía e Henrique Sanfiz.
Na imaxe, Scaloni con Xosé Anxo González Tomé, Henrique Sanfiz e Juan Velasco
Publica o teu comentario agora