Scratch Galicia no solidario Mongol Rally

Scratch Galicia no solidario Mongol Rally

03 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O equipo Scratch Galicia ultima os preparativos de cara á súa próxima participación no Mongol Rally, un evento internacional solidario que comezará o vindeiro 18 de xullo en Barcelona. Dous días antes, o equipo (con parte fenesa e pontevedresa) ten previsto facer a súa saída oficial dende Galicia.

Catrocentos equipos de toda Europa -250 ingleses, 50 italianos e 100 españois- participan este ano no Mongol Rally. A proba consiste en cruzar unha terceira parte da superficie terrestre, máis de 14.000 km, coa única finalidade de chegar a Ulan Bator (capital de Mongolia) e alí entregar tanto o vehículo co que participaron os distintos equipos como unha importante doazón económica e, no caso do Scratch Galicia, tamén unha cantidade de material escolar, medicamentos de primeira necesidade e gafas graduadas. Dende o Scratch Galicia solicitan a colaboración da cidadanía con este proxecto solidario no que “se trata de loitar contra a pobreza crónica, desenvolvendo programas económicos, agrícolas, educativos e sanitarios”. O teléfono de contacto co equipo é o 676-726260.

Deportes