ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Con este chamamento a directiva da SD Barallobre busca rapaces e rapazas de 11 a 13 anos que queiran xogar no Ramo.

O presidente da entidade, Víctor Domínguez e Mónica Paz, a súa vice presidenta, salientan que o proxecto de creación do novo equipo vai por bo camiño porque contan xa con ao redor de 11 rapaces e rapazas interesados en xogar no Ramo.
A entidade, aínda estando en período vacacional, segue traballando para formar este equipo de base que era un dos obxectivos marcados cando asumiron a xunta directiva da Sociedade Deportiva, consideran que traballar dende a base axudará a sustentar o futuro da entidade.
O convite a aquelas rapazas e rapaces que queiran xogar no Ramo está aberto. Calculan dende a entidade, que durante o mes de xullo manterán aberta a posibilidade de unirse ao club e conseguir acadar o número de xogadores e xogadoras preciso para poñer en marcha o equipo.
Ao tempo a SD Barallobre segue reforzando tanto o equipo de modestos como o corpo técnico de Borja Mesa e as necesarias melloras das instalacións deportivas do Ramo, como a construción dunhas bancadas ou a preparación e pintado do valo perimetral do campo.
Un proxecto deportivo que non para e quere seguir medrando.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora