A SD Chantada faise coa XXVII Copa Deputación de Fútbol celebrada en Guitiriz ao imporse ao Santaballés pola mínima

A SD Chantada faise coa XXVII Copa Deputación de Fútbol celebrada en Guitiriz ao imporse ao Santaballés pola mínima

21 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Campo municipal de fútbol de Guitiriz acolleu, o domingo 20 de xuño, as finais de 1ª autonómica e Preferente da XXVII Copa Deputación de Lugo de Fútbol, ademais da feminina. Foi o delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, o encargado de entregar o trofeo aos equipos campións destas dúas categorías, o Friol, que arrasou ao Milagrosa por un contundente 10-0; e o Chantada, que gañou ao Santaballés por 1-

O primeiro partido da tarde foi o feminino, nun partido que non tivo historia e na que o favoritismo das friolenses quedou ben reflectido no electrónico. A decena de goles encaixadas por Antía non deixaron atisbo de dúbida de quen foi o merecido gañador do trofeo do ano 2010. No Milagrosa xogaron Antía, Marta, Yolanda, Cristina, Laura, Beatriz, Susana, Mª Carmen, Melodi, María e Tamara, e no Friol Sara, Noelia, Victoria, Estefanía, Cobi, Alba, Tatiana, Alba Rodríguez, Virginia, Nerea e Lorena.

Este enfrontamento entre friolenses e luguesas supuxo a segunda final feminina da Copa Deputación, que desde o ano pasado ven celebrándose tamén debido ao apoio que dende a Área de Deportes se lle da ao desenvolvemento do deporte feminino lucense.

Tralo duelo entre os dous equipos de féminas, chegou o momento do Chantada-Santaballés. A igualdade foi o nexo común do choque, que rematou do lado dos chantadinos gracias a un tempraneiro tanto de  Adri. A pesar dos intentos dos santaballeses por empatar o partido, sobre todo na segunda metade, a defensa e o desacerto chairego impediron que o trofeo viaxase ata terras vilabesas para quedarse mais ao sur. No Santaballés xogaron David, Santi, Filgui, Víctor López, Rouco, Héctor, Miguel, Ángel, Vïctor Iglesias, Púas, Cazás, Rivas, Manu, Oli, Dani e José, e no Chantada Guiti, Cañón, Alberto, Plácido, Dani, Charly, Adri, Pablo, Brais, Cadete, Dieguito, Adrián, Óscar Gallego, Pateiro, Óscar Méndez e Piollo.

O Chantada, campión desta XXVII Copa Deputación para 1º e preferente, embolsarase 5.000 euros mentres que o subcampión , o Santaballés, recibirá 4.000 euros, unhas cantidades que de seguro suporán un alivio ás arcas destes dous equipos e que lles permitirán afrontar cunha maior solvencia a vindeira tempada.

Ambos partidos se disputaron no campo de fútbol da Veiga, en Guitiriz, que foi renovado recentemente ao igual que o campo de fútbol municipal do Corgo, onde se disputou onte o a final dos equipos de 2ª e 3ª autonómica, grazas ao investimento realizado pola Área de Deportes da Deputación de Lugo dentro do seu programa de actuacións para mellorar o estado das infraestruturas deportivas lucenses. A Área de Deportes da Deputación, á fronte da que está o delegado nacionalista Antonio Veiga, mantén a partida orzamentaria asignada a esta competición, ao redor de 90.000 euros, o que supón unha importante axuda económica para moitos equipos que superan varias eliminatorias e ao mesmo tempo un aliciente, xa que das categorías de 2ª, 3ª 1ª Autonómica practicamente o 100 % de equipos lucenses participaron na .competición este ano.

Supercopa en A Pastoriza
O propio Antonio Veiga anunciou que a SuperCopa Deputación, que enfrontará á SD Chantada, como vencedor da Copa de 1ª e preferente; ao Calasancio, que venceu ao Xermade na final da 2ª e 3ª; e ao CD. Lugo como máximo expoñente do fútbol lucense, terá lugar no campo de fútbol da Pastoriza, que este ano estreou céspede grazas ao investimento de preto de 140.000 euros por parte da Área de Deportes da Deputación. A data escollida para a SuperCopa xirará entorno a primeiros de agosto, en función da dispoñibilidade do CD. Lugo.

Pola súa banda, Carlos Mouriz, delegado da Federación Galega de Fútbol, agradeceu todo o esforzo que está a realizar a Área de Deportes da Deputación apoiando o fútbol lucense e afirmou que o exemplo de que esta Copa Deputación é un éxito está en que participan case a totalidade dos equipos da provincia excepto algúns de preferente e primeira autonómica por cuestións de orzamento.

Deportes