ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fernán Péres de Andrade "o Bo" foi señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba. Exerceu tamén o seu poder sobre A Coruña e Betanzos. Tiña casa de seu na cidade dos cabaleiros. Pénsase que era onde é a actual cadea municipal. Ave María gracia plena dominus é a saudación anxélica no seu escudo.
O rei Henrique II concedeulle a mercé de bater moeda de coiro e mesmo de ouro, as famosas "doblas" de Fernán Péres. O Bo mandou facer ou reconstruir sete pontes, sete igrexas e sete hospitais. No mausoleo de Andrade en San Francisco lese: "Aqui iaz Fernán Peres Dandrade, cavaleiro que feço este moesteiro anno do nascemento do noso sennor Jhesucristo de mil et trescentos et oitenta e sete anos". Esta lenda faría alusión ao ano do remate do mosteiro e non da morte de Fernán Peres, que faleceu dez anos despois. O sarcófago é un conxunto moi orixinal, coa caixa en alto descansando sobre un enorme xabaril e un oso, animais simbólicos dos de Andrade. A estatua xacente representao de guerreiro, escoltado por dous cans aos pés. Indicouno así a guía oficial da oficina de Turismo de Betanzos Elena Carro, nunha instrutiva visita a algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade dos cabaleiros.
Publica o teu comentario agora