Se atacan ao idioma, terán enfronte á CIG, advirte López Pintos

Se atacan ao idioma, terán enfronte á CIG, advirte López Pintos

11 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Duas manifestacións pecharon a simbólica data do 10 de marzo en Ferrol. A de CCOO e a da CIG. En total unhas 3000 persoas estiveron nelas, reclamando un cambio de modelo económico contra a crise que se ceba cos traballadores. No Cantón rematou a manifestación dos nacionalistas que contou coa participación do comité de empresa de LM Composites e unha representación do comité cidadán de emerxencia.

 Na sua alocución, o secretario comarcal da Confederación Intersindical Galega Xesús Anxo López Pintos, laiábase de que coa crise todolos avances conquistados polos traballadores poden retroceder. Apostou polo troco de modelo económico e reclamou unha banca pública galega e a nacionalización dos sectores estratéxicos, así como por un marco galego de relacions laborais. Por ultimo aludíu á victoria electoral do PP para decir que, se pretenden atacar o noso idioma, terán á CIG enfrente. Resoaron finalmente en Ferrol, interpretados en galego, a Internacional e o himno de Pondal.  

Sociedade