ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Policía Local de Ferrol vén de sumarse á campaña especial de control da utilización do teléfono móbil e outras condutas que provocan distraccións na condución posta en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico do Ministerio de Interior. Os axentes reforzarán, desde hoxe e ata o próximo domingo 10 de abril, os controis habituais en diferentes puntos do termo municipal para evitar este tipo de compotrtamentos que constit
O uso inaxeitado do teléfono incrementa considerablemente o risco de accidente, non só pola utilización incorrecta ou deficiente das mans senón pola distracción do condutor. Segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico, no ano 2010 producíronse en España 608 accidentes como consecuencia de distraccións ao volante nos que morreron un total de 684 persoas. Con esta campaña preténdese evitar que, tanto na cidade como nas estradas interurbanas, os condutores fagan uso do teléfono ignorando que a súa conduta multiplica por catro o risco de sufrir un accidente.