Se en marzo canta a rá, en maio xa calará

Se en marzo canta a rá, en maio xa calará
23 de Febreiro, 2021 - 01:38 h. | Publicada por Radio Fene

Os usuarios do Obradoiro de memoria teñen ganas de volver a verse. Así o manifestou a convidada de hoxe no programa de radio, Idalia, veciña do Campanario en Limodre.

ESCOITA O PODCAST:

Hai nova tarefa para facer na casa no Obradoiro de memoria. O psicólogo Jaime Lendoiro deixu aos usuarios e usuarias un novo reto, coller un xornal, ler unha nova que lles interese e contarlla despois a outra parsoa da familia ou, no seu caso, escribir un resumo en papel. Traballaremos así a comprensión lectora e a memoria. Pódese facer individualmente ou en grupo. Hoxe a convidada foi Idalia Regueiro, veciña de Limodre desde hai 42 anos. Rápida acertou as cancións “Mediterráneo de Serrat e “Pousa” de A Roda. Non fixeron falta pistas a esta mugardesa de Mehá que non esquece as raíces pero tamén ben asentada en Fene.

Do lugar onde reside, no Campanario, destaca o precioso parque da Hortiña, as praias- particularmente Coído a onde levaba aos fillos de pequenos- e os roteiros que se poden facer desde a súa casa, camiñando cara ao Castro de Prismos e Cornido. “Desde que cheguei aquí, cambiaron moitas cousas. As estradas e o alumeado sobre todo” afirma Idalia. Tras os refráns como “ Se en marzo canta a rá, en maio xa calará”, Idalia  manifestou a Jaime Lendoiro as moitas ganas que teñen os usuarios e usuarias  de volvelo a ver en persoa. Quérese decir que o obradoiro é un espazo moi desexado por todos e todas. De momento quédalles a radio.

(Na imaxe, igrexa de Santa Eulalia de Limodre, no Campanario)

Sociedade

Publica o teu comentario agora