ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Agora estaba alí,nunha casa á que ía desembocar o camiño de terra que percorría toda a extensión do chamado tramo de Betania, aínda que había quen o lembraba como o tramo de Colono, e que seguía invadida polas formigas, a pesar do avanzado da estación.
Se estaba ben alí, debía pensar que estaba ben e non sentirse culpable.
E agora estaba ben alí,cos pés en terra firme, despois de vivir sempre alerta, sen a garda, sen confiarse, ao tanto de que non había mellor antídoto que o do coidado, a precaución, a atención.
Así é como Pilar Adón nos introduce no mundo de Betania, ese territorio case onírico da novela De bestas e aves, coa que a autora conseguiu o Premio Nacional de Narrativa 2023, ademais do Premio da Crítica, o Premio Francisco Umbral a libro do ano, e o Premio Cálamo Outra Mirada.
A novela trasládanos a un mundo estraño, case como un soño, a través de Coro, a protagonista da nosa historia.
Termina o verán, cambia a estación e Coro conduce durante horas en plena noite sen saber que se está aproximando a Betania e a unha casa illada, un territorio que poderiamos dicir fóra do mundo.
É un lugar descoñecido e habitado exclusivamente por unha comunidade de mulleres que, con todo, parece que si a coñecen a ela e que habitan nunha casa onde todas visten da mesma maneira, como adeptas a un culto ancestral, e levan a cabo estraños ritos e celebracións.
De Bestas e Aves é unha novela que che atrapa totalmente neste mundo, e tras o ansia de querer saber máis, os lectores acabamos tamén atrapados desa angustia, da fascinación e da asfixia que envolven todo ese mundo e a un tempo.
Neste capítulo de “de puño y letra” a escritora Pilar Adón preséntanos “De Bestas e Aves”.
Publica o teu comentario agora