A sede do PSOE de Betanzos atacada por dous artefactos incendiarios

A sede do PSOE de Betanzos atacada por dous artefactos incendiarios

04 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Dous artefactos incendiarios estouparon esta madrugada na sede do PSOE de Betanzos (A Coruña). O ataque, que se produciu ás 2.45 horas, provocou danos materiais e non hai que lamentar danos persoais. Ata o lugar, sito na rúa Venezuela, desprazáronse os bombeiros de Betanzos, protección civil e policía local.

Os primeiros indicios apuntan a un cóctel molotov como causante dos desperfectos da sede do PSOE da cidade do Mandeo. O altercado causou danos no mobiliario interior e na cristaleira exterior. A rápida actuación da Policía local impediu a propagación dun incendio. Este ataque súmase aos catro percances similares sufridos nas sedes socialistas de Galicia nos últimos meses (en Cacheiras, Salvaterra do Miño, Salceda e A Estrada). O de Cacheiras (Teo), tivo lugar hai só unha semana e media, o día de nadal.

Sociedade