ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“A xente ten dereito a ter un convenio e está agardando a que nos poñamos de acordo”. O conflito laboral no transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña precisa unha saída, defende Ernesto López, da CIG.

“Hai que darlle unha alternativa á xente, estamos obrigados a iso”, apunta o voceiro do sindicato nacionalista logo de que UXT apostara por un acordo de eficacia limitada e Comisións Obreiras anunciara onte que rexeita a última proposta da patronal, o mesmo que fixeron a CIG e as asembleas de traballadores. Nestas circunstancias considera que “a única saída lóxica é que nós e Comisións nos sentemos a falar para deseñar unha estratexia”.
Publica o teu comentario agora