Seguimos crendo

Seguimos crendo
01 de Abril, 2019 - 01:45 h. | Publicada por Radio Fene

“Catro cambios xuntos do Maniños revolucionaron o partido no estadio García Naveira. Javi González, Manu Permui, Mato e Ángel López entraron e variaron o xeito de xogo, mellorando e creando ocasións clarísimas de man a man co porteiro” salienta o adestrador Pablo Mesa. Na Primeira Galicia de fútbol, Betanzos 2 – 0 Maniños.

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños. Tempada 2018-2019

“Non fomos inferiores en ningún momento ao rival e o noso porteiro Abraham fixo grandes paradas” indica Mesa. Quedan seis xornadas pero o Maniños continua crendo na posibilidade da permanencia. A próxima fin de semana reciben ao Victoria C.F.

Deportes

Publica o teu comentario agora