Seguir a chamada da Buguina

Seguir a chamada da Buguina

01 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O sector naval e en xeral toda a comarca de Ferrol  se cargan mañá de Dignidade. O colectivo Radio Buguina, aglutinará ás portas de Navantia en Esteiro a centos, ou milleiros de persoas que simbolicamente colgarán unha prenda de roupa nas reixas do estaleiro. Quérese decir que a xente de ferrolterra quedamos nus, en pelotas, diante da crise e das decisións ou indecisións que se toman.

Radio Buguina terá a colaboración e apoio de maís de 30 asociación de todo tipo. As últimas adhesións chegaron do Instituto Rodolfo Ucha de Ferrol e do colectivo Acción Directa de recuperación de espacios físicos. A Acción de Carga de Dignidade acompañarase de voz e música na mañá do domingo, entre as 11 da mañá e as 2 da tarde. So hai que seguir a chamada de Radio Buguina.

Sociedade