A seguir coa racha

A seguir coa racha
04 de Marzo, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

O Deportivo visita este domingo o campo do Linense logo de encadear dúas vitorias consecutivas. O cadro de Óscar Cano está a un só punto do líder, o Alcorcón.

ESCOITA O PODCAST:

O conxunto branquiazul desprázase ata a Línea de la Concepción para enfrontarse o domingo ás 12,00 horas ao Linense. O equipo andaluz ocupa o duodécimo posto, con 31 puntos, a catro do descenso. Mentres, o Dépor chega á xornada 26 como segundo clasificado logo de gañar por 5-0 ao Badaxoz en Riazor e amosar una gran imaxe ante a súa afección. Dende Radiofusión animamos ao Dépor a gañar en Riazor co noso Canto Deportivo. Podes escoitalo aquí ou na nosa canle de youtube.

Na imaxe, Lucas Pérez adestrando en Abegondo.

Fotografía: RC Deportivo.

Deportes

Publica o teu comentario agora