ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Fene ten nova adxudicataria. Inicia os traballos esta semana. O servizo, infrafinanciado pola Xunta, destaca o Concello, prestarase os sete días da semana, incluídos festivos, entre as sete da mañá e as dez da noite. O goberno municipal aproveita para reclamar un financiamento xusto da Xunta para garantir a sostibilidade dun recurso esencial.

O Concello de Fene vén de adxudicar o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar, coñecido como SAF á empresa Osventos Innovación en Servizos, por un período dun ano prorrogable por outro máis por un importe de 1.449.203 euros. O contrato garante a prestación integral do servizo, baixo a dirección e control público da Área de Benestar Social e do departamento municipal de Servizos Sociais.
A Axuda no Fogar prestarase de luns a domingo, incluídos os días festivos, entre as sete e as dez. Establécense dous tipos de servizo: o común, de luns a sábado, e o servizo extraordinario para domingos e festivos. Trátase dun recurso esencial dirixido a garantir que as persoas maiores ou en situación de dependencia poidan permanecer nos seus fogares con seguridade, dignidade e autonomía. A empresa deberá contar, como mínimo, con dúas persoas coordinadoras traballadoras sociais a xornada completa e con dedicación exclusiva ao Concello de Fene, así como cun auxiliar de coordinación destinado á oficina municipal. Cun plantel de 47 auxiliares, o contrato garante a estabilidade do persoal nos domicilios das persoas usuarias e o cumprimento estrito da normativa laboral, de protección de datos e de prevención de riscos laborais. O contrato inclúe tamén o préstamo de axudas técnicas, como camas articuladas, grúas, sillóns xeriátricos, cadeiras de rodas, andadores e outros elementos necesarios para a correcta atención no fogar.
Para a alcaldesa, Sandra Permuy, “o Servizo de Axuda no Fogar é un piar básico do sistema de coidados, porque permite ás persoas maiores ou dependentes seguir vivindo nas súas casas, no seu entorno, con seguridade e dignidade”. Porén, advertiu de que “o financiamento actual por parte da Xunta non responde ás necesidades reais do servizo”. O custe dunha hora de servizo é de 21 euros. A Xunta só aporta 12, o que obriga aos concellos a asumir a maior parte do custe real: 9 € adicionais por hora e o propio persoal municipal que se dedica a xestionar e supervisar o servizo.
Publica o teu comentario agora