Seguir traballando

Seguir traballando
08 de Novembro, 2022 - 02:18 h. | Publicada por Radio Fene

Silva 3-1 Perlío. Así quedou o marcador na Segunda División Galega Feminina de Fútbol. "En canto a ocasións o partido estivo moi igualado, comezamos gañando e chegamos ao descanso con 0-1", pero o partido torceuse nos minutos finais explica o adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinky, en declaracións a Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

"Penso que é unha derrota xusta porque a verdade non fixemos un bo partido", sincérase o técnico. "Toca levantarse, seguir traballando", enfatiza. "Na primeira parte elas tiveron algunha ocasión, na segunda houbo ocasións para os dous equipos, pero na recta final, no último minuto marcaron elas o 2-1 e xa co equipo un pouco descompensado, no desconto meteron o terceiro", relata. A clave foi que "non saímos moi metidas no partido. Elas son un equipo moi intenso e se non estás moi metida, non che deixa xogar e nós en ningún momento estivemos atinadas". Carballo recoñece que "fixemos un partido malo, eu estou tranquilo porque en xornadas anteriores xogamos ben e o equipo está adestrando moi ben, pero as rapazas necesitan unha vitoria para levantar o ánimo".

 

Deportes

Publica o teu comentario agora