A segunda fase do Porto Exterior de Ferrol podería inaugurarse en outubro

A segunda fase do Porto Exterior de Ferrol podería inaugurarse en outubro

26 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As obras da segunda fase do porto exterior marchan a bo ritmo. De continuar coa actividade como ata o de agora, no mes de outubro os traballos xa estarán rematados, polo que xa se poderá inaugurar a infraestrutura. Para esta posta en funcionamento dun dos portos de referencia de Europa, dende a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao agardan que sexa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen se encargue de conrtar a cinta inaugural, xunto con outras autoridades.

A autoridade portuaria de Ferrol agarda inaugurar a segunda fase do porto exterior no vindeiro mes de outubre. Dende a Autoridade portuaria estiman que os prazos se cumprirán dentro dos límites establecidos, aínda que segue sendo necesario a conexión do porto exterior a través do ferrocarril, competencia do ministerio de Fomento.

Institucional